Venres. 19.04.2024
El tiempo

Prenden lume a 60 rolos de herba seca dunha granxa de Cernide

Incendian a herba seca dunha casa de Carballo
O tractor familiar axudou a esparexer a herba seca para sufocar o lume
Prenden lume a 60 rolos de herba seca dunha granxa de Cernide
Prenden lume a 60 rolos de herba seca dunha granxa de Cernide

Pasadas as 23:30 da noite deste pasado xoves, os Bombeiros de Carballo tiveron que acodir a Cernide, porque ao carón do nº5 estaban queimándose uns rolos de herba seca, que estaban apilados nunha finca ao carón da nave dunha explotación gandeira onde hai unhas 240 vacas aproximadamente.

Os Bombeiros de Carballo controlaron o lume para que non afectase á nave das vacas. Posteriormente foron extinguindo o lume da totalidade dos rolos, axudados polo persoal da granxa con tractores para movelos e esparexelos. O propietario calculou que se viron afectados entre 60 e 70 rolos. O lume non chegou a afectar á construcción. Tampouco causou danos persoais nin afectou aos animais.

Polo momento descoñecese a orixe do lume.

Comentarios