Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Presentadas 68 alegacións ao Plan Especial de Arnados-Razo

Presentadas 68 alegacións ao Plan Especial de Arnados-Razo

Segue o seu procedemento o Plan Especial de Protección, Infraestruturas e Dotación de Arnados-Razo. Un Plan que comezaba hai 3 anos co proceso de participación cidadá e que pouco a pouco vai dando pasos. O Concello recibiu 68 alegacións, nas que o equipo redactor xa se pon a traballar, para que de aquí a dous meses se poidan convocar as comisións necesarias.

É unha boa nova, en todo caso, que haia tantas alegacións, porque para o Concello é importante a participación veciñal. De feito, en xaneiro o Concello contactou con 200 persoas afectadas e 77 utilizaron o servizo de atención indivdualizada, recibindo información no Forum, na Oficina Técnica ou mesmo por videoconferencia.

Cómpre lembrar que o Plan afecta a unha superficie de 313.171 metros cadrados de solo rústico entre o núcleo de Razo da Costa e o monte Peados, e que a elaboración do documento foi “laboriosa”.

Xunta de Goberno Local

A Xunta de Goberno local aprobou as axudas de 1.000 euros aos 162 empresarios da hostalería que solicitaran ademais as axudas da Xunta.
En materia de subvencións o Concello aprogou unha concesión de 40.000 para o Bergantiños, así como as bases para que entidades deportivas acollan fases de ascenso a competicións estatais, por 114.000€.

Noutra orde, o Concello aceptou a solicitude da Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia para acoller a un alumno en prácticas dende hoxe ata o 31 de agosto.

Tamén se aprobaron a contratación da telefonía municipal (por arredor de 130.000€); a reforma do Centro Social da Milagrosa (á empresa Covisam Norte, por 129.445,80 euros); a reurbanización da rúa Tarragona (á empresa Gestal y López, por 58.869,19 euros) e a substitución de cuberta e revestimento de fachadas no pavillón Carballo Calero (á empresa Covisam Norte, por 234.715,80 euros).
A Xunta tamén aprobou a prórroga dos contratos de mantemento de ascensores e de limpeza e mantemento do cemiterio municipal.

Novas relacionadas

Comentarios