Vernes. 19.04.2019
El tiempo

A Primavera en Danza, unha cita única en Galicia para facer unha panorámica da danza contemporánea

A compañía Entremáns participou na presentación do Programa Primavera en Danza Carballo 2019
A compañía Entremáns participou na presentación do Programa Primavera en Danza Carballo 2019
A Primavera en Danza, unha cita única en Galicia para facer unha panorámica da danza contemporánea

En marcha a XII edición do programa Primavera en Danza de Carballo. Unha cita cultural única en Galicia pola súa estabilidade e porque ofrece unha ampla perspectiva de calidade de danza contemporánea e de propostas moi significativas a nivel nacional. Así, do 26 de abril ao 12 de maio chegarán 6 citas coreográficas, cinco de compañías galegas e un da madrileña de Daniel Abreu, nun programa que combina propostas arriscadas con outras máis accesibles a todo tipo de público.

As obras serán Entresoños, de Fran Sieira (26 de abril); Pink Unicorns, de La Macana en coprodución co Centro Coreográfico Galego (27 de abril); Plastic, de Paula Quintas (3 de maio); La desnudez, de Daniel Abreu (4 de maio), e Gaia, de Entremans (5 de maio).

Como peche especial, o 12 de maio terá lugar unha gala de baile tradicional a cargo da agrupación coruñesa Xacarandaina, que está a celebrar os seus corenta anos de traxectoria.

As entradas individuais custarán entre 2 e 4 euros, e os bonos, 16 euros o ordinario e 14 o reducido (para maiores de 60 anos, menores de 12 e titulares de carné de estudante). Poden adquirirse anticipadamente desde hoxe en www.ticketea.com e no teléfono 902 044 226, ou de xeito presencial na billeteira do Pazo desde unha hora antes do comezo de cada función.

Comentarios