Martes. 19.03.2024
El tiempo

O PSOE carballés pide a creación dun fondo de continxencia se non se pode usar o remanente

Mari Carmen Vila voceira do PSOE de Carballo
Mari Carmen Vila, voceira do PSOE de Carballo
O PSOE carballés pide a creación dun fondo de continxencia se non se pode usar o remanente

A voceira do PSOE de Carballo, Mari Carmen Vila, propón ao Concello formular “como alternativa para o caso de que non sexa posible dispoñer do remanente, a reformulación do orzamento do Concello co obxectivo de crear un fondo de continxencia para loitar contra o prexuízo económico que a pandemia está a ter sobre as PEMES e os pequenos comercios”.

Piden que “se reordenen as partidas de gasto coa finalidade de aumentar os recursos contra a pandemia, isto pódese conseguir reducindo os gastos superfluos e redirixindo os fondos que non se van a utilizar para as actividades canceladas”.

Comentarios