Venres. 29.03.2024
El tiempo

O PXOM de Carballo causan molestar entre o BNG e TeGa

O PXOM de Carballo causan molestar entre o BNG e TeGa
PXOM-Carballo O PXOM de Carballo está vixente desde febreiro de 2016 Uns supostos cambios nas alineacións das rúas Vázquez de Paga e Muíño - inexistentes para o BNG de Carballo - son o cabalo de batalle entre o TeGa e o grupo nacionalista. "Cando Terra Galega critica o Plan Xeral de Ordenación Municipal con tanta vehemencia como está a facelo estes días debería lembrar que foi aprobado por unanimidade, tamén pola voceira do seu grupo. O goberno municipal do BNG nin engadiu nin suprimiu nada no documento que recibiu o visto bo da totalidade da corporación, tanto na aprobación inicial coma na provisional, da que, por certo, semella que se esquece TeGA malia ser un dos trámites previstos na lei" sinalan dende o BNG carballés. Dende o equipo de goberno critican que os membros do partido Terra Galega presentase propostas nin obxeccións en ningunha das "máis de corenta xuntanzas" que houbo entre os grupos municipais durante o proceso de elaboración do documento. "Pero a verdade é que tampouco podemos dicir que nos sorprendan as acusacións e críticas sen fundamento da portavoz de Terra Galega tendo en conta a liña de oposición á que nos ten afeit@s, na que semella que todo serve cando se trata de atacar ao goberno, mesmo poñerse en evidencia a si mesma", sinalan dende o BNG de Carballo.

Máis información

Novas relacionadas Fonte   Fonte

Comentarios