Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Reiteran a petición dun plan de estabilización laboral no Concello de Carballo

  •  
Casa do Concello de Carballo
Reiteran a petición dun plan de estabilización laboral no Concello de Carballo

Volve, unha vez máis, a agrupación de funcionarios/as A Alternativa, presentando un novo escrito para reclamar a “aprobación dun plan de estabilización no Concello de Carballo”. Dende a agrupación lembran que “os organismos europeos, en numerosas resolucións, e o Congreso dos Deputados, por última vez a semana pasada, teñen reclamado pasos adiante na eliminación da precariedade e a temporalidade na administración”. Lembran tamén que o BNG noutras administracións tamén “ten dado pasos nesta liña”, por iso que Carallo non paralice o “Acordo regulador das condicións de traballo do persoal funcionario”.

“Carballo xa vai tarde pero nunca é tarde se é para ben. Consideramos, xa o temos dito con anterioridade, que é moito hora de apostar pola estabilidade do persoal desta administración, que en moitos casos leva entre nós anos, lustros e décadas, e aínda non ten garantida a súa continuidade, nin tivo ocasión de optar a ela”, sinalan dende a agrupación.

Novas relacionadas

Comentarios