Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Rematan as obras da rúa Perú e da rede de augas de Ardaña ata Canosa-Rus

Obras rua peru Carballo
Rotonda na rúa Perú
Rematan as obras da rúa Perú e da rede de augas de Ardaña ata Canosa-Rus

Coa construción de dúas novas rotondas en dous cruces urbanos con moita densidade de tráfico, rematan as obras de mobilidade nas rúas Perú, Pontevedra e Ecuador. Unha medida para mellorar a fluidez da circulación rodada, ademais de seguir contribuíndo ao calmado do tráfico en beneficio da mobilidade peonil.
En principio o peche continuará ata o martes 6 de abril. Tan só se permite o acceso a persoas residentes e/ou usuarias de garaxes, e os turismos procedentes da avenida Ponte da Pedra tamén poden circular ata a rúa Ecuador, pola que son desviados. Os accesos ás rúas Pontevedra e Ourense están pechados. O corte da rúa tamén obrigou a anular durante estes días a parada de autobús.

A outra rotonda que quedou xa lista e ten como finalidade a mellora da circulación nos cruces das rúas Vila de Corcubión, Alfredo Brañas e avenida de Bergantiños, que está parcialmente pechada ao tráfico para facilitar o desenvolvemento dos traballos. A glorieta terá 19,5 metros de diámetro.

Obras da rede de auga

A reposición das vías e dos servizos afectados supón o remate das obras de construción da rede de abastecemento de auga ao longo da estrada provincial Carballo-Portomouro, entre Santa María de Ardaña e Canosa-Rus. Foton 8.635 metros de vías ao longo das cales se instalaron as tubaxes por parte da empresa Excavaciones y Obras Candal. A actuación, que supuxo un investimento próximo aos 280.000 euros, permite levar o servizo aos lugares da Igrexa, Quintáns, Barís, O Val, O Pedreiro e Canosa, e está deseñada para garantir o subministro a unha poboación de 474 persoas, fixando como horizonte o ano 2030.

Trátase dunha das obras do Plan de Saneamento Carballés, que inviste 3 millóns de euros na materia.

Comentarios