Xoves. 19.09.2019
El tiempo

O Rexenera Fest celebra 5 anos de arte urbana como referente mundial

Presentación do Rexenera Fest 2019
Presentación do Rexenera Fest 2019
O Rexenera Fest celebra 5 anos de arte urbana como referente mundial

Chega a 5ª edición dun festival que xa é todo un referente a nivel internacional. Outro evento que pon a Carballo no epicentro da cultura global. Outra cita de referencia, de vangarda, con selo municipal (como o Carballo Interplay), algo moi difícil de atopar ao longo do noso país. Un xeito, ademais, de humanizar a vila a base de cultura, facendo de Carballo un gran museo ao aire libre.

Do 27 de maio ao 9 de xuño (amplíase dunha semana a 15 días) o festival de arte urbana Rexenera Fest acolle artistas de China, Arxentina, Italia, Valencia ou Ordes para mudar a vila a golpe de brocha e spray, convertindo eses horrorosos edificios de cemento, en perfectos lenzos.

O Festival, que recolle o sentido do proxecto Derrubando muros con pintura volve cunha marea de actividades gratuítas que van de seminarios a clases maxistrais, microconferencias, música en directo, actividades para [email protected], rutas ou a posibilidade de ver día a día o traballo dos creadores.

Os creadores principais acturarán polas vila. Millo (Italia) aínda ten por decidir o espazo; SATR (China) pintará na Avenida da Cristina; Pichiavo (Valencia) na Rúa Luís Calvo; Marina Capdevila (Barcelona) na Avenida de Bergantiños; Lidia Cao (Ordes) na Rúa Vila de Negreira e Milu Correch (Arxentina) onde o Fórum Carballo.

Artistas do Rexenera Fest 2019
Obras, de esquerda a dereita arriba, de Lidia Cao, Millo e Marina Capdevilla; e abaixo de Pichiavo, Milu Correch e SATR

Actividades paralelas

Unha das citas máis especiais será a masterclass de aerosol co chinés SATR o sábado 1 e domingo 2 de xuño de 17.30 a 21.30 h. É de balde pero só hai 10 prazas.

As criaturas de 10 a 12 anos poderán participar no Obradoiro de Muralismo impartido por MOU, de Mutante Creativo, o martes 4 e mércores 5 de xuño, pola tarde.

Hai tamén un pequeno ciclo de microconferencias o sábado 8 de xuño ás 17:00 e ás 20:00h.

E xa o domingo 9 de xuño haberá o clásico roteiro guiado (partirá ás 17:00h do Forum, para ver como quedou a vila.

Rexenera Fest Cartel 2019 carballo

Novas relacionadas

Comentarios