Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Salvamento e o Volei Praia enchen de deporte a praia de Razo

22072021 simulacro_salvamento
Simulacro de Salvamento onte en Razo
O Salvamento e o Volei Praia enchen de deporte a praia de Razo

Tralo paso por Laxe, a caravana estatal do Salvamento e Socorrismo xa está instalada na Praia de Razo, onde se disputa estes xoves e venres o Campionato de España de Verán de Salvamento e Socorrismo na categoría absoluta.< br/>Durante a xornada inaugural mesmo un helicóptero de Salvamento participou nas sesións.

22072021 evencio_vicepresidentefed

Pero non será a única proba deportiva que acollerá o areal carballés, demostrando o seu “enorme potencial”, como recoñecía Evencio Ferrero. Se o tempo o permite, volverá celebrarse este 25 de xullo, o Torneo Fundación Luis Calvo Sanz de volei praia, un deporte que tamén ten cita estes días no Ézaro

Tras un ano de parón, será esta a edición número 13, como debullaron opresidente da ADC Volei Praia Costa da Morte, Rosalino Mariño, e o alcalde, nun acto ao que asistiron tamén o concelleiro de Seguridade, Juan Seoane, e os monitores do club impulsor do deporte do volei.

As limitacións ás que aludiu teñen que ver co número de participantes, que se reduce, así coma o de categorías. Nesta ocasión serán: sénior masculina e feminina, sub-17 masculina e feminina e súper 80 masculina e mixta. O prazo de inscrición está aberto ata o venres 23, incluído.

22072021 volei_praia (1)

Novas relacionadas

Comentarios