Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Trasladan a unha familia de Carballo por inhalación de monóxido de carbono

Trasladan a unha familia de Carballo por inhalación de monóxido de carbono

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron esta noite aos seis membros dunha familia de Carballo, dous adultos e catro menores, ata o Hospital Clínico Universitario de A Coruña afectados pola inhalación de monóxido de carbono. A intoxicación foi debida, segundo informaron os bombeiros que se desprazaron ao lugar tras ser alertados polo CAE 112 Galicia, á mala combustión dunha cociña de ferro que había na vivenda, situada no lugar de O Cótaro, en Entrecruces, no termo municipal de Carballo.

O CAE 112 Galicia tras recibir a chamada de alerta de Urxencias Médicas sobre a 1:00 horas desta noite, de contado, pasou aviso ademais de ós membros do parque comarcal, á Garda Civil, Policía Local e aos efectivos do Servizo Municipal de Protección Civil de Carballo.

Fonte

  • 112.

Comentarios