Venres. 26.04.2024
El tiempo

Trece nenos e nenas con discapacidade soben á ola da inclusión

Trece nenos e nenas con discapacidade soben á ola da inclusión
campamento-surf-carballo Membros da agrupación deportiva Un Paso Máis participan estes días nun campamento de surf promovido polo concello de Carballo Grazas a unha iniciativa da concellería de Promoción Económica, a través do seu departamento de Turismo, 13 nenos e nenas da agrupación deportiva Un Paso Máis participan estes días nun campamento de surf que lles permite descubrir o litoral carballés, relacionarse con outros nenos así como desfrutar das actividades ao aire libre. A concellería de Promoción Económica apoia esta actividade por segundo ano consecutivo, e ademais coa intención de mantela e de facela rotatoria polas distintas escolas de surf que desenvolven a súa actividade en Carballo. Nesta ocasión a iniciativa desenvólvese no Raz Surfcamp, onde 13 nenos e nenas teñen a súa base de operacións todos os días pola tarde, desde as 13 ata as 20 horas. Alí xantan e despois participan en actividades como o volei praia, o tenis de mesa ou, por suposto, o surf. Fonte

Comentarios