Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Un alumno do Conservatorio de Carballo gaña o I premio do concurso de Composición da Orquesta da USC

Un alumno do Conservatorio de Carballo gaña o I premio do concurso de Composición da Orquesta da USC
klaus-martinez-veiga Klaus Martínez Veiga rematou no curso 2016-17 os seus estudos de trompeta con matrícula de honra Klaus Martínez Veiga - alumno do Conservatorio Profesional de Música de Carballo - vén de gañar o I Concurso de Composición da Orquestra da Universidade de Santiago de Compostela. O tribunal, integrado polo director e compositor Mario Diz e o mestre Fernando Builde del Real, considerou que a composición “Danza del gato” KMV28 era merecedora do galardón, que Klaus Martínez comparte con outros dous compositores. “Un auténtico honor para mí que les hubiese gustado mi obra”, sinala o galardoado, que nas súas redes sociais declárase “encantadísimo”. Alumno de trompeta do CMUS de Carballo, Klaus Martínez Veiga rematou os seus estudos no pasado curso 2016-17 con matrícula de honra. A súa composición será estreada o vindeiro 12 de novembro dentro das Xornadas de Música Contemporánea de Santiago de Compostela e será gravada pola Radio Galega. Novas relacionadas Fonte

Comentarios