Venres. 19.04.2024
El tiempo

Un ferido foi trasladado ao Centro de Saúde por un condutor tras saírse da vía en Sofán

Un ferido foi trasladado ao Centro de Saúde por un condutor tras saírse da vía en Sofán

Sobresalto nesta pasada madrugada en Carballo. Un vehículo saíase da vía na estrada que enlaza Carballo e a Silva, en Sofán. Era pouco antes das 2:00h da madrugada cando un condutor pasou pola zona, e vendo o sinistro, recolleu e levou ao condutor ferido ata ao Centro de Saúde carballés.
Ao mesmo tempo chamara ao 112 outro alertante informado do sinistro, sorprendido por non ver a ninguén no punto.

Dende o 112 Galicia, tras recibir a alerta solicitouse decontado, a intervención dos axentes da Garda Civil de Tráfico e informouse aos Bombeiros de Carballo e aos efectivos de Protección Civil. Ademais, debido aos danos ocasionados na calzada, foi precisa tamén a intervención do persoal do servizo de mantemento da estrada, que se encargou da limpeza da vía.

Accidentes 2017

Fonte

Comentarios