Xoves. 13.08.2020
El tiempo

Detido un home de Carballo por trece delitos de roubo con forza

Detido un home de Carballo por trece delitos de roubo con forza

A Garda Civil do Posto da Laracha ven de deter a un carballés de 36 anos como presunto autor dun delito de roubo con forza no interior dun vehículo durante a noite de San Xoán. Tras varias denuncias interpostas en diferentes dependencias policiais, a Garda Civil comezou unha investigación a mañá seguinte dos feitos.

Os turismos afectados encontrábanse estacionados na vía pública, dez deles na localidade de Caraballo e os outros tres na Laracha. O presunto autor accedeu ao interior destes fracturando as ventás e forzando as portas, sustraendo preferiblemente do seu interior radios e efectos persoais de valor.

Segundo indican fontes da Garda Civil, a colaboración cidadá foi un dos puntos claves no esclarecemento dos feitos e a identificación do presento autor, podendo deter ao presunto autor no seu domicilio de Carballo. O detido quedou finalmente en liberdade con cargos.

comentarios