Venres. 19.04.2024
El tiempo

Un neno ferido ao ser atropelado en Carballo

Un neno ferido ao ser atropelado en Carballo
Un neno resultou ferido a pasada tarde en Carballo despois de ser atropelado por un coche. Os feitos producíronse na Avenida Ponte da Pedra, ao fío das 19:30 horas. Foi a esa hora cando o 112 Galicia recibía a chamada dun particular que presenciara o atropelo. Indicaba no seu relato que os familiares do menor achegáranse ata o lugar dos feitos e levaran ao neno, ferido, ata unha casa. Engadía que o turismo implicado no atropelo permanecía no punto. Con estes datos, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia pasaba o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, á Policía Local, a Protección Civil e aos Bombeiros de Carballo.

Atropelos 2017

Fonte

  • AXEGA.

Comentarios