Martes. 07.04.2020
El tiempo

Un ruta urbana en bici e outra a pé poñen fin á Semana da Mobilidade de Carballo

Un ruta urbana en bici e outra a pé poñen fin á Semana da Mobilidade de Carballo
Continúan as actividades con motivo da Semana Europea da Mobilidade de Carballo. E despois da gran participación que rexistraron todas as citas da pasada fin de semana, a concellaría de Planificación e Mobilidade Urbana xa ten todo preparada para saír á rúa de novo os próximos días. Para o sábado, día 7, está prevista unha ruta urbana en bicicleta para nenas e nenos, que irán acompañados por membros dos clubs ciclistas Carballo, Monteneme e Media Ducia. O obxectivo da iniciativa é achegar aos participantes unha serie de nocións básicas para que aprendan a circular polo casco urbano con seguridade, convivindo cos outros medios de locomoción. A saída realizarase ás 11:30 horas desde a praza do Concello. O domingo rematará a Semana da Mobilidade cunha ruta a pé polo centro urbano. O obxectivo é realizar o percorrido que figura na “Guía de Carballo” que elaborou Xan Fernández Carrera. O propio autor será o guía da ruta. Os participantes concentraranse na entrada da casa do Concello para iniciar unha ruta e hora e media, aproximadamente, que discorrerá pola Lagoa, o Museo de Bergantiños (realizarase un reparto de material informativo), a igrexa de San Xoán Bautista, a praza de Galicia, o Balneario (haberá un percorrido guiado polas instalacións) e a praza do Concello. A saída está prevista para as 11 e a ruta está aberta a persoas de todas as idades interesadas en coñecer máis de preto a historia da vila carballesa. Para participar nestas actividades basta con achegarse á hora fixada ao punto de encontro, pero, por cuestións organizativas, os organizadores agradecen unha inscrición previa que se pode realizar enviando unha mensaxe a través das redes sociais do concello e Carballo ou un correo electrónico a [email protected] Balance A falta destas dúas últimas actividades coas que remata a Semana da Mobilidade, o concello de Carballo fai un balance moi positivo desta experiencia. "A promoción dos camiños escolares, a implicación de entidades como os clubs ciclistas ou a xunta local da asociación Española contra o Cancro e a alta participación nas propostas deseñadas son a mostra de que algo se move en Carballo", sinalan dende o concello. A maiores, durante estas semanas están a levarse a cabo, tamén con moi boa acollida, os traballos de campo para a elaboración da estratexia de mellora e xestión do espazo público.

Novas relacionadas

Fonte

comentarios