Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Unha intensa semana de contacto humano entre Carballo e Francia

Unha intensa semana de contacto humano entre Carballo e Francia
Momento da partida dos Lilois cara a Francia Momento da partida dos Lilois cara a Francia

Que intensas son estas semanas de intercambio cultural. A Asociación de Irmanamento de Carballo con L´Isle Jourdain vén de pasar unha fermosa semana en Carballo, ca visita a Carballo de mozos e mozas franceses de entre dez e catorce anos. Unha semana que afondou no contacto humano e os enlaces culturais entre familias.

Houbo tamén un interesante achegamento musical coa presencia de agrupacións, e mesmo o conservatorio de música de Carballo para posibles intercambios nun futuro próximo.

Tras a calurosa despedida o pasado venres pola mañá, o autocar procedente de L´Isle Jourdain chegaba este sábado pola tarde á casa coas maletas repletas de gratos recordos e experiencias inolvidables.

Un irmandamento con historia

Salome e Mara no momento do seu encontro copia Salomé e Mara no momento do seu encontro

Todo nacía da Asociación e da súa actividade de “Intercambio lingüístico”, poñendo en contacto a dúas adolescentes de doce anos que puideron coñecerse en persoa grazas a esta viaxe. A familia de Mara Ferreiro Varela acollía a Salomé Picaut durante a súa estancia en Carballo. A nena francesa gozou dunha inmersión total na nosa cultura, puido asistir coa súa correspondente á escola e participar con ela nas distintas actividades que formaban parte do seu día a día. Ámbalas dúas nenas transmitiron que foi unha experiencia marabillosa coa que se materializa unha amizade que agardan vaia medrando ao longo dos anos.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios