Venres. 29.03.2024
El tiempo

Vieiro abre unha canle en liña para atender dúbidas sobre å adicción entre a mocidade

Maria José Dosil do SERVICIO VIEIRO EN LINEA
Maria José Dosil é a responsable do servizo Vieiro en liña
Vieiro abre unha canle en liña para atender dúbidas sobre å adicción entre a mocidade

Non para o programación de prevención de condutas adictivas da Asociación Vieiro, que ademais pon en funcionamento un novo servizo: Vieiro en liña. A través do whatsapp 646.78.70.42 a responsable M.ª José Dosil atenderá todas as demandas do que pidan información.

Vieiro abre este servizo ”co obxectivo de dar información e resposta á poboación xuvenil sobre temas e cuestións relacionadas con condutas adictivas, con e sen sustancia, así como a outros colectivos clave na prevención, como son familias e/ou educadores/as para orientar ante situacións conflictivas, sobre habilidades e estratexias psicoeducativas de actuación familiar e/ou escolar cando se detecten problemas precoces de conduta co fin de manexar e afrontar situacións problemáticas de condutas de risco”.

Aseguran que se garda absolutamente o “anonimato e a confidencialidad das persoas que o utilizan”.

Este servizo se complementa coas diversas canles que a Asociación Vieiro pon a disposición da poboación co fin de resolver aquelas dúbidas que xurdan en relación ás condutas adictivas, como son as redes sociais Instagram e Facebook, no teléfono 981756161, ou a través do correo electrónico [email protected].

Novas relacionadas

Comentarios