Venres. 29.03.2024
El tiempo

Vieiro recolle nunha revista os seus 25 anos de traxectoria

Vieiro recolle nunha revista os seus 25 anos de traxectoria
A asociación Vieiro vén de publicar o número 84 da súa revista na que se recollen os 25 anos da entidade. Neste número inténtase dar a coñecer as orixes tanto da entidade como da revista así como o traballo desenvolvido pola entidade ao logo destes 25 anos. Asimismo, na revista teñen unha mención especial todos os colaboradores, patrocinadores e outras entidades e persoas que apoiaron o proxecto, da mesma forma que os usuarios dos servizos. A publicación é de carácter gratuito e a entidade envíalle por correo aos socios e diferentes entidades. A revista tamén está dispoñible na web da entidade.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios