Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Vieiro xa imparte os seus cursos de habilidades sociais nos colexios de Carballo

Vieiro xa imparte os seus cursos de habilidades sociais nos colexios de Carballo
Formadoras de Vieiro Empezou outubro e a Asociación Vieiro estreou o Programa de Prevención Escolar nos colexios de Carballo. Os alumn@s de A Cristina, San Luís Romero, Fogar, Bergantiños, Gándara-Sofán, Canosa-Rus, Nétoma-Razo e Artai recibiron xa as primeiras sesións da man das formadoras e psicólogas da entidade. O programa de Habilidades Sociais "Constrúe" está destinado a alumnos e alumnas entre 10 e 11 anos comprendidos nos cursos 5º e 6º de Primaria, e está dividido en tres bloques: 1.- Acompáñote: consta de 4 sesións sobre habilidades persoais e sociais e ten como obxectivo fundamental: Proporcionar aos alumnos/as as habilidades necesarias para o desenvolvemento da súa vida diaria 2.- Des-conecta: con 2 sesións que teñen como finalidade: Dotar de coñecementos básicos para a utilización das novas tecnoloxías dun xeito saudable e responsable 3.- Ti elixes: no que se traballan 2 sesións a través das que se pretende Facilitar información sobre as distintas sustancias adictivas ás que os nenos/as podan tener acceso. O programa Constrúe levarase a cabo durante o primeiro trimestre do curso escolar 2018-2019. As sesión terán unha periodicidade semanal e unha duración aproximada de 55 minutos cada unha e será impartido polas profesionais: Miriam Romero Traba (educadora social), Dalila Vizcaíno Pereira (pedagoga) e Patricia Rodríguez Villar (psicóloga).

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/vieiro-e-as-autoescolas-de-carballo-alonxan-as-drogas-dos-coches/

Comentarios