Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Xestur non ampliará o Polígono de Bértoa

Xestur non ampliará o Polígono de Bértoa
Axober Work Party Imaxe do café-tertulia da Axober Work Party

O máis interesante da Axober Work-Party organizada o pasado Bértoa arredor do Polígono de Bértoa, foron as palabras da coordinadora da Unidade Territorial Zona Norte de Xestur, María Doporto Santos. A responsable do ente público promotor do polígono recibiu boa parte das preguntas dos empresarios presentes, e quixo destacar a importancia “estratéxica” do mesmo, así como a súa gran inusual dimensión para ser un parque comarcal.

Os empresarios quixeron coñecer máis sobre condicións de venda, segregación ou unión de parcelas, pero tamén as previsións de Xestur de cara ao futuro. Neste sentido, María Doporto manifestou que polo momento non está previsto acometer a ampliación demandada, xa que aínda queda unha bolsa de solo “moi importante” de 160.000 metros cadrados que, na súa opinión, vaise esgotar “a moi longo prazo” (nestes momentos hai 275.000 metros cadrados vendidos, 25.000 reservados e 160.000 libres).

Deu cifras, destacando que en tres anos concedéronse 18 licenzas, 8 delas corresponden a naves xa rematadas, e hai 20 máis solicitadas. “Isto demostra que se está movendo moito a economía da zona”, manifestou. Anunciou ademais un novo produto que consiste nun arrendamento con opción de compra con moi boas condicións.

Dende o Concello, o alcalde Evencio Ferrero asegura que sempre dan todas as facilidades para que as empresas se poidan instalar con iniciativas como as reducións do ICIO aprobadas xa se levan bonificado un total de 135.000 euros.

A xornada completouse coa intervención de Santiago Ángel Luaces, técnico en negocios da Dirección Territorial de Galicia de CaixaBank, para atender ás dúbidas dos asistentes sobre as opcións de financiamento por parte das entidades bancarias.

Bovas relacionadas

Fonte

Comentarios