Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Xiriapop lánzase ao Pazo da Cultura

Cartel Festival Xiria Pop 2020 1
Cartel Festival Xiria Pop 2020 1
O Xiriapop lánzase ao Pazo da Cultura

Nin as restricións actuais que vive Carballo impide que o Festival Xiria Pop se desenvolva. Porque as medidas que xa tiñan tomado a organización e o Concello carballés eran aínda máis restritivas que as obrigatorias, polo que non hai por que non achegar a mellor música pop ao Pazo da Cultura nestas noites de venres 11 e sábado 12 de setembro.

Precisamente aínda queda algunha entrada para ambos días, polo que estades a tempo de acodir ás 19:30h para facervos coas últimas.

Xa vistes no programa desta 23 edición que a temática será máis popeira e menos garaxeira do habitual, acorde coa necesidade de ficarmos sentados nas butacas do Pazo. Pero a calidade, coma sempre, está garantida gracias á exquisitez de Xabier Graña.

”A sorte xa está botada para este Xiriapop tan raro e especial”, recoñece o propio Graña nas redes sociais. “Vai ser algo incómodo, nin cervexas, nin bailoteo, poucos... pero pensamos que era mellor facelo que non facelo, sementar, aínda que só fose un chisco de ilusión, a quedar na casa lamentándonos, en resumo, poñer un raio de luz nestes tempos tan escuros e tristes”.

Novas relacionadas

Comentarios