Martes. 23.04.2024
El tiempo

Tres accidentes en Carballo e Laracha durante este xoves

Accidente en Carballo
Imaxe do accidente do mediodía de onte
Tres accidentes en Carballo e Laracha durante este xoves

Tralo atropelo mortal do pasado mércores en Bértoa, a xornada do xoves foi tremendamente complicada na comarca de Bergantiños con tres sucesos.

Primeiro, a media mañá, rexistrábase un novo atropelo na mesma zona de Bértoa, de carácter leve.

Xa ás 15:45h tiña lugar na mesma AC-552,no p.k.30, un novo accidente. Un vehículo sufría unha saída de vía e chocaba contra o peche dunha nave industrial. A consecuencia do choque a única ocupante do vehículo resultou ferida leve, sendo trasladada por unha ambulancia. Os Bombeiros de Carballo desconectaron a batería e retiraron o vehículo para a beirarrúa con axuda do cabrestante e así deixar libre o carril de circulación.
Tamén acodían ao lugar a Garda Civil de Tráfico, Policía Local e ambulancia 061.

Acccidente en Carballo 2

Xa pola tarde tiña lugar unhacolisión entre tres vehículos no centro da Laracha, na AC-552, preto do Concello dirección Carballo.

Comentarios