Venres. 19.04.2024
El tiempo

O xuízo pola propiedade do Casino 1889 terá que agardar

Unha birra no Casino 1889 Carballo
Desexando poder tomar unha birra no Casino 1889
O xuízo pola propiedade do Casino 1889 terá que agardar

O 4 de maio ía ser un día histórico para o Casino 1889 de Carballo. Era a data sinalada para a celebración do xuízo no que se decide a propiedade do edificio histórico. A demanda presentada pola nova directiva da SCR Bergantiños pola que pide o retracto da venda en clave especulativa sen ter informado á propia entidade inquilina.

Pero en virtude do disposto no RD 463/20 de declaración de estado de alarma, a vista do xuízo vén de ser suspendida, polo que haberá que agardar unha nova data, que nos será notificada polo Xulgado unha vez que se levante o estado de alarma, o próximo 10 de maio.

A entidade espera que a veciñanza siga volcada para que o xuízo teña en conta o ben que xenera a Asociación á sociedade carballesa.

Novas relacionadas

Comentarios