Xoves. 28.01.2021
El tiempo

Xuntos Carballo piden ao Concello que obrigue a cumplir a Lei de Prevención e Defensa contra Incendios

Xuntos Carballo piden ao Concello que obrigue a cumplir a Lei de Prevención e Defensa contra Incendios

O pasado 5 de agosto, o grupo municipalista Xuntos Carballo, a través do seu secretario local Xesús Deus Gende, presentou no concello un escrito no que se lle expoñía a o goberno municipal a necesidade de acometer as limpeza de fincas, maleza e especies arbóreas que non cumpriran ca normativa vixente.

Dende a agrupación consideran que “é o concello o ente encargado de vixiar e facer cumprir as normas autonómicas neste eido”. Pero a realidade é que son apenas un trío de concellos na comarca os que pelexan por cumprir unha lei que o propio presidente se ten loubado publicamente de non respectar.

”A día de hoxe é un feito contrastábel que aínda quedan moitas fincas, solares e especies de árbores fóra da legalidade”, aseguran. “Un caso chamativo (entre outros) é o dun fogar pertencente á parroquia de Razo, onde os seus moradores viven en constante estado de nerviosismo, debido a presenza de eucaliptos de grandes dimensións pegados á súa vivenda, supoñendo polo tanto un risco real tanto para as persoas coma para a edificación, e tendo en conta que o vento azouta con forza na zona neste tempo de invernía”, denuncian.

”Temos constancia de que a exposición destas queixas saen na inmensa maioria de [email protected] afectados, cousa que non lles corresponde facer, senón as autoridades locais competentes nesta área”, explican. Así, piden que “o concello a través do persoal destinado a velar polo medio ambiente cumpra ca obriga que lle corresponde en canto a vixiancia e avisos a os que non están cumprindo co establecido na lei. Non queremos deixar de manifestar igualmente as numerosas queixas que nos chegan en canto a presenza de niños activos de velutinas na zona rural e que arestora seguen sen ser neutralizados”.

Novas relacionadas

comentarios