Sábado. 20.04.2024
El tiempo

10 citas festivaleiras para este verán na Costa da Morte

10 citas festivaleiras para este verán na Costa da Morte
10 Festivais da Axenda Sonora da Costa da Morte 2012

Comeza o verán e as ofertas festivaleiras xa son unha realidade. Así o anunciaba o Derrame Rock este pasado sábado, cuns Heredeiros que avisaban que a van liar, e gorda, en Malpica. Polo de pronto a tempada festivaleira da Axenda Sonora da Costa da Morte comeza este sábado en Vimianzo, cun Asalto ao Castelo vibrante.

E a partir de aí, festa tras festa. Ao longo do verán pasaremos por Razo, por Carnota, por Muros, por Zas, por Fisterra, por Valarés e máis por Carballo, para seguir apostando pola boa música (rock, pop, folk ou electrónica) e loitando contra a ditadura da verbena.

Aquí vai a Listaxe, por orde cronolóxico, de Festivais na Costa da Morte que quedan vivos para este verán de 2012:

XVII Asalto ao Castelo

En Vimianzo, o sábado 7 de xullo con La Requinta da Laxeira, Budiño, La Pegatina e O Sonoro Maxín. Ademais, toda unha semana cultural por disfrutar.


IV Nordestazo Rock

No porto de Malpica, o sábado 14 de xullo con Heredeiros da Crus, ademais dos Dios ke te crew, Moon Cresta e Dj Tono.


VII Sereas e Piratas

Na praia de Razo, en Carballo, para a fin de semana de 20 e 21 de xullo, con deportes náuticos e moita música: Lobishome, La Débil, Joe Crepúsculo, Lagartija Dj, Pony Bravo, Triángulo de Amor Bizarro...


II Beach Party Carnota

A praia de Lariño acollerá os 27 e 28 de xullo no primeiro festival de Música electrónica da Costa da Morte. Os mellores deejais do planeta achegaránse á Costa e ademais terá moita incidencia ao longo do día o deporte acuático.


IX Castelo Rock

Volve o rock ao peirao de Muros estes 3 e 4 de agosto con Trashtucada, Ruxe Ruxe, Medomeda, Skarallaos, Dios ke Te crew, Bodega Bodega, Sonotones e Sozios a la fuerza.


Carballeira de Zas

A estas alturas normalmente xa tiñamos que saber algo, pero este ano o festival folk por excelencia de toda Galicia faise de rogar. Polo de pronto sabemos que será o sábado 4 de agosto. E seguiremos informando.


XIII Festa Folk na Fin do Camiño

A outra cita folk máis importante da Costa celébrase na fin do mundo. A Anchoa, en Fisterra, agarda en Fisterra este 18 de agosto a música de "Estimaba que viñeras", Stolen Notes, Os Tres Trebóns e Chotokoeu.


VI Con V de Valarés

A fermosa praia de Valarés, entre Ponteceso e Corme celebra o seu festivalón o 18 de agosto, con Fuel Fandango, Sex Museum, Grises, Dolores, Rubick, His Majesty the King, David Van Bylen, Antón DJ.


XV Xiria Pop

A Sala Dublín de Carballo acolle os 21 e 22 de setembro de 2012. Este ano con Midnight Woolf, Jonh Paul Keith ou The Brakdowns entre outros.


Asaghieiras Master Festival

Este ano o Festival rock da praia Lariño (xa convertida no cerne musiqueiro da bisbarra) volverá celebrarse nunha xornada e para a fin de semana de despois da Barca. Estaremos atentos ao cartelón, tralo tremendo maratón de 24 horas de música do ano pasado.


Máis información

Novas festivaleiras

Outras novas

Fonte

Comentarios