Xoves. 06.05.2021
El tiempo

32 autó[email protected] de Carnota repartiranse 60.000€ do PEL Reactiva

CASA DO CONCELLO de Carnota
32 autó[email protected] de Carnota repartiranse 60.000€ do PEL Reactiva

Un total de 32 autónomos/as e microempresas do concello de Carnota recibirán financiamento a través das axudas do programa PEL Reactiva, financiado nun 80% pola Deputación da Coruña e nun 20% polo Concello.

O Concello de Carnota ven de publicar o anuncio coa resolución definitiva desta liña de axudas, que ascende a 60.246,82 euros, distribuídos en 32 axudas de entre 1.500 e 2.500 euros, para paliar as consecuencias económicas da pandemia no último ano.

As subvencións van dirixidas a negocios que tiveron que paralizar a súa actividade pola Covid ou que viron diminuída a súa facturación nun 75% con respecto ao semestre natural anterior a declaración do estado de alarma.

O seu destino é sufragar gastos realizados entre marzo e decembro do ano pasado, ben sexa en materiais e subministracións vinculados directamente coas medidas de prevención contra o virus ou ben alugueiro de locais, vehículos, maquinaria e instalación, gastos en seguros ou subministracións. Segundo se recolle nas bases reguladoras, cada beneficiario da subvención deberá xustificar os gastos subvencionables antes do 31 de marzo, para proceder o aboamento do importe da cantidade concedida.

A listaxe pode consultarse na Sede electrónica do Concello de Carnota.

comentarios