Mércores. 24.04.2024
El tiempo

45 novos diplomados en Formación Ocupacional en Carnota

45 novos diplomados en Formación Ocupacional en Carnota

Esta semana tivo lugar a entrega dos diplomas, de validez estatal, ao alumnado dos cursos de Formación Ocupacional (ADF) que se impartiron no Concello de Carnota, correspondentes ao ano 2011.

Foron tres cursos ocupacionais, dous dos cales teñen carácter experimental (Iniciación ao piragüismo e Iniciación ós deportes de montaña) e un curso con certificado de profesionalidade (Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en Institucións Sociais). Con esta formación deuse a oportunidade a 45 persoas de utilizar unha das medidas de fomento de emprego de políticas activas, que mellores resultados está a dar para paliar, na medida do posible a situación de desemprego existente, sobre todo en dous colectivos, o de mulleres e mozos menores de 30 anos.

No acto estivo presente a directora xeral de Formación e Colocación, Ana Díaz (Consellería de Traballo e Benestar), a concelleira de Servizos Sociais do Concello de Carnota, Mercedes Díaz Mayán, e o alcalde Ramón Noceda Caamaño.

Impartíronse tres cursos ocupacionais, dous dos cales teñen carácter
Na entrega de diplomas todos coincidiron na necesidade da formación para poder acceder ao mercado laboral, e para manterse nel, así como na necesidade de impartir especialidades con certificado de profesionalidade que as empresas e as normas esixen.

A directora xeral comprometeuse a continuar nesta liña de formación e de colaboración coas institucións e concellos que imparten formación.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Carnota e da Xunta.

Comentarios