Martes. 15.10.2019
El tiempo

72 [email protected] desubrirán as marabillas naturais de Carnota co programa Xuventur

Abre o prazo de inscrición para o programa de educación non formal que fomenta coñecemento da riqueza natural e patrimonial de Galicia, o coidado do medio ambiente e o ocio educativo.
72 [email protected] desubrirán as marabillas naturais de Carnota co programa Xuventur

A pensión O Prouso, en Carnota, acollerá a visita de 72 [email protected] de toda Galicia nunha nova edición do programa Xuventur. Un programa deseñado para realizar actividades dinámicas de presentación e coñecemento, sendeirismo pola comarca, dinámica de liderado a través do xogo e xornada de limpeza de plásticos e lixos na praia.

Serán 4 as quendas que pasarán pola comarca, do 1 ao 3, do 8 ao 10, do 15 ao 17 e do 22 ao 24 de novembro, cada unha con 18 participantes de entre 18 e 35 anos.

Unha iniciativa que procura a adquisición de competencias e habilidades por parte da mocidade e fomenta o coñecemento da riqueza natural e patrimonial de Galicia, o coidado do medio ambiente e o ocio educativo.

Inscrición

Os nosos [email protected] tamén se poden inscribir en calquera das propostas: Aventura e autodescubrimento, en Valdoviño (A Coruña); Natureza Audiovisual e 3D, en Cervantes (Lugo); Multiaventura en Terra de Trives; a Natureza que te coida, en Covelo (Pontevedra); Camiños naturais, camiños vitais, en Carnota (A Coruña); Aventura dende as emocións, na Estrada (Pontevedra); Descubrindo o xeoparque do Courel (Lugo); Naturalmente outono, no Parque natural do Xurés (Ourense).

Cómpre indicar que todos estes programas inclúen aloxamento en establecementos turísticos de Galicia situados no medio rural, manutención completa desde a cea do venres ata o almorzo do domingo e programa de actividades, equipo técnico responsable, así como o material preciso para o seu desenvolvemento.

O prazo de inscrición abre luns 23 ás 9.00 horas. Toda a información en xuventude.net.

Comentarios