Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Asociación de Unión de Pacientes Finisterrae organiza unhas novas xornadas de sensibilización

A Asociación de Unión de Pacientes Finisterrae organiza unhas novas xornadas de sensibilización
Xornadas Sensibilizacion Cee Asociacion Pacientes Finisterrae

A Asociación e Unión de Pacientes “Finisterrae” organiza as II Xornadas de sensibilización “A razón de ser da música”. A Xornada terá lugar o vindeiro sábado día 22 de setembro de 2018 as 17:00 horas no Auditorio Baldomero Cores da Casa da Cultura de Cee.

Na xornada desenvolveranse mesas de debate, sobre temas relacionados con patoloxías medicas, os coidados a nutrición o réxime de vida dos pacientes. Tamén se desenvolverá unha mesa redonda que reflexionará sobre a inclusión, dende un punto de vista legal.

Para inscrición na xornada pódese facer no correo electrónico da asociación [email protected].

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/carnota-acollera-a-creacion-da-asociacion-de-defensa-dos-dereitos-dos-pacientes-da-costa-da-morte/

Comentarios