Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Asociación Monte Pindo Parque Natural preséntase en sociedade

A Asociación Monte Pindo Parque Natural preséntase en sociedade
Este sábado 13 de novembro tivo lugar no Salón de Actos do Concello de Carnota a presentación da recén creada Asociación Monte Pindo Parque Natural que nace co obxectivo de conseguir que o Monte Pindo se convirta no séptimo parque natural galego. Unha sesión á que acodiron membros dos dous grupos opositores pero non do grupo de goberno. Da presentación por parte do secretario, encargouse Mario Maceiras, agradecendo a asistencia a pesar das inclemencias e presentando un a un aos 15 membros da Comisión Rectora (cun vogal por cada localidade do noso concello). Maceiras relatou que a coincidencia do acto co 8º aniversario da catástrofe do Prestige non é casual, senón que "se pretende espertar coa protección do Monte Pindo un sentimento de compromiso cidadán parello ao que se espertara 8 anos atrás coa limpeza das nosas costas ateigadas de chapapote". O propio Xilberto Caamaño, presidente da asociación, abriu a posterior conferencia informativa destinada a resolver as dúbidas técnicas que puidera haber sobre a declaración do Monte Pindo como parque natural. A continuación, Martiño-Fiz e Fins Eirexas, membros de ADEGA que no pasado mes de setembro presentaron no rexistro da Xunta a proposta, debullaron os aspectos dun Parque Natural destacando a obligatoriedade de levar aparellado un presuposto anual para inversións na mellora da zona, e aseguraron que todos os aproveitamentos actuais do monte son compatibles co Parque Natural e non van a prohibirse de ningunha maneira.

Vidal Romaní

Finalmente chegou a intervención máis agardada, a do profesor Xoán Ramón VIdal Romaní, catedrático de Xeoloxía e Director do Instituto Xeolóxico Isidro Parga Pondal. O reputado xeólogo pronunciou unha amena conferencia na que se abordou a formación do Monte Pindo dende a era carbonífera, ate o actual modelado superficial que produce interesantes formas xeolóxicas que espertan a atención da comunidade científica e deben ser estudadas e protexidas coa figura do Parque Natural. A respecto do recente achado de formacións con aspecto de fósiles en pleno Monte Pindo, catalogounas de extremadamente raras e interesantes cun notable interese xeolóxico, mais nun principio explícaas en base á actividade magmática previa ao emerxemento do Monte Pindo do subsolo hai máis de 300 millóns de anos, sendo pouco probable que realmente se trate de fósiles.

Novas relacionadas

Máis información

Novas informativas

Fonte

Comentarios