Martes. 23.04.2024
El tiempo

A Auga que separa Carnota

A Auga que separa Carnota
A Lei de Augas que o goberno da Xunta vai implantar en todo o país vai repercutir directamente na vida de cada aldea de todo o país. Non somos alleos na Costa da Morte e se ben os grupos do BNG locais están ofrecendo charlas informativas en contra da lei, a Xunta tamén se esforza en facernos chegar a súa postura.

Charla do BNG

De feito, esta fin de semana hai sesión doble e enfrontada en Carnota. Por unha banda, o BNG celebra a súa 6ª charla no concello, que se desenvolverá no colexio do Pindo o sábado ás 18:30h, e á que están invitados os veciños de Panchés, A Curra, Quilmas e O Pindo.

Xuntanza co PP

E pola outra, o PP achegouse a vila carnotá para manter unha reunión coas comisións e usuarios de traídas veciñais e propitarios de pozos privados do municipio para informar sobre a nova Lei. O alcalde, José Oreiro, a tetiente alcalde e deputada Marisol Piñeiro e mais o deputado Román Rodríguez, "resaltaron tamén que a Lei non obriga a instalar contadores nas casas ou nos pozos privados". Nesa liña queixeron deixar claro que "os usuarios de captacións propias ou veciñais non terán que aboar o novo canon de auga". A xuntanza serviu tamén para censurar a “dobre moral” dos partidos da oposición, “que critican agora unha lei da que tiñan elaborado un borrador na etapa do Bipartito na Xunta con maiores previsións recadatorias, que incrementaba o número de tributos con respecto á do actual Goberno e que si prevía cobrarlles ás captacións privadas”. Na charla informativa, á que acudiron arredor de 250 persoas, os deputados lembraron que "o canon de auga é unha esixencia da Directiva Marco da Auga da Unión Europea" e "desmentiron as informacións difundidas polos nacionalistas, aclarando que a nova Lei establece para as comunidades de usuarios, traídas veciñais e pozos particulares unha bonificación do 90%, polo que o seu cobro resulta antieconómico para a Administración, o que converte esta bonificación nunha exención de facto". Así mesmo, resaltaron tamén que "a Lei non obriga a instalar contadores nas casas ou nos pozos privados e que contempla, doutra banda, a exención para usos agrícolas, gandeiros e forestais".

Novas relacionadas

Fonte

  • Notas de prensa do BNG de Carnota e da Xunta de Galicia.

Comentarios