Xoves. 28.05.2020
El tiempo

A bitácora da semana (CXIII): O blog do PSOE de Carnota

A bitácora da semana (CXIII): O blog do PSOE de Carnota

Nótase que chegan as eleccións. E os partidos vanse, vagariño, decatándose do poder da rede. Xa temos visitado numerosas bitácoras do PP ou do BNG locais, e nestas datas vemos como o PSOE comarcal vaise poñendo as pilas en materia de comunicación on-line.

Ben é certo, iso si, que aínda non apostaron nin os uns nin os outros por unha profesionalización dos servizos de comunicación on-line, aínda non houbo un partido que contratase unha empresa especialidada na rede para facer a súa campaña on-line específica de cara ás muicipais de maio. Pero todo leva o seu tempo.

Se a semana pasada visitabamos Camariñas, esta facemos o propio co concello de Carnota, onde o PSOE local vén de presentar o seu novo espacio na rede. De feito enteriámonos por eles da nova fichaxe do ex edil do BNG Tomás Freire polo PSOE.

Ademais, coma sempre en Carnota, a actualidade politica trae cola, e a de comentarios que hai en cada post non ten desperdicio.

Daquela, xa poden estar atentos á rede submariña de Carnota, que xa contan cuns a href="/articulo/bitacora/a-bitacora-da-semana-cxi-acarnotados/20101204072048066526.html">Acarnotados, cunha boa a href="http://antigo.quepasanacosta.gal/content/view/10395/26/">República de Carnota, co espazo do BNG carnotán e do PP de Carnota, algo menos actualizado.

Novas relacionadas

Bitácoras anteriores

Fonte

comentarios