Martes. 16.04.2024
El tiempo

A caravana Vilamor chega a Cee con actores da Costa

A caravana Vilamor chega a Cee con actores da Costa

Había tempo que un filme de produción galega non invadía as salas dos cines cormeciais do país. Pois Vilamor, o filme de Ignacio Vilar, xa está nas grandes cidades. E este venres 11 de maio, a película de produción 100% galega, rodada en Galicia e con actores galegos, entra en cartelera nos cines A Xunqueira de Cee.

Vilamor recolle, nunha historia baseada en feitos reais, unha comuna hippie afincada nunha aldea dos Ancares dos anos 70. Ata alá marchamos canda eles para vivir unha historia de amores, de drama e de moita intensidade.

Ademais o filme conta con varios actores da bisbarra. Como o malpicán Santi Romay, que fai dun dos iniciadores da loita e da ocupación de aldeas abandonadas nos montes galegos.

O ceense Rubén Prieto fai de Brais, un dos personaxes máis combativos, un pai responsábel que coida da súa filla.

A fisterrá Marta Lado é Adelaida, unha das poucas veciñas das poucas que ten clara a súa maternidade, algo que non é moi ben valorado por moitos da comuna.

Ademais, o carnotán César Cambeiro, é o pai de Breixo, dono do ultramarinos de Seoane, e moi pegado á súa vila. Cústalle a idea de marchar a Santiago, como quere a súa muller.

Tes que vela!

Por certo, que están prantexando unha iniciativa na que pode participar calquera, enfocado principalmente aos alumnos de educación media. Un concurso da curta máis simpática na que o único que hai que facer é grabarse un vídeo co lema "Vilamor, Tes que vela". Se queres pasa polo blog de Vilamor.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Comentarios