Sábado. 30.05.2020
El tiempo

A chegada ao Mirador do Ézaro non será a última vez que se faga

A chegada ao Mirador do Ézaro non será a última vez que se faga

Máis de 145 países danlle cobertura á la Vuelta Ciclista a España 2012. E todos xa soñamos con ver esas imaxes aéreas do helicóptero sobrevoando a ensenada do Ézaro, as praias de Muros e Carnota, o Cabo Fisterra... A promoción turística será un auténtico regalo para o sector hostaleiro, unha oportunidade para "ensinar a nosa comarca ao mundo".

E xa facía 5 anos que a Vuelta non pasaba pola provincia. E así o resaltaba onte o presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, que presentou a pasada mañá o percorrido da Volta a España 2012 pola provincia da Coruña. Este ano pasará por 330 quilómetros e 35 concellos e coruñeses, recuperando un papel que non tiña dende fai 20 anos.
Á presentación acodiron tamén os alcaldes de Boiro (Juan José Dieste), Dumbría (José Manuel Pequeno), A Laracha (José Manuel López Varela) e Culleredo (Xullo Sancristán de Diego), tamén estivo presente o director xeral da Volta, Javier Guillén Bugayo, , quen realizou unha exposición técnica sobre o percorrido e sobre as razóns que levaron á organización a escoller ese itinerario.

A chegada que está suscitando máis interese ademais, é unha nunca vista nos 67 anos de historia da Volta, como é a do Miradoiro de Ézaro. De feito o propio Guillén Bugallo quixo ademais destacar a innovación que supón a "chegada explosiva" a Ézaro e adiantou que "non será a última vez que se faga" para referirse finalmente ás etapas coruñesas como "unha viaxe de paisaxes".

Posible rexeitamento

Pero ollo, que, como nos enviaba Alberto polo Facebook, os colectivos conservacionistas avisan de que estas chegadas poden ser moi perxudiciais para os lugares. De feito, aseguran que a chegada ao alto da Bola do Mundo, en Guarramilla, Madrid, pode ser fatal para a fauna e a flora do lugar. A invasión de xente, e sobre todo, de centos vehículos pode arrasar coa natureza da zona.

Repercusión mediática

A Volta ciclista a España é retransmitida en 143 países do mundo e cada sede (tanto de chegada como de saída) ten unha presenza media en televisión superior aos 10 minutos.
Durante A Volta 2011, a etapa máis vista foi seguida polo 18,9% da xente que estaba vendo a televisión neses momentos, é dicir, por 2.277.000 espectadores. A media de espectadores da Volta foi máis vista que a semifinal da Copa Davis ou a liga Eurobasket, por exemplo.

Ademais, máis de 6.000 noticias en radio, prensa e televisión fixeron seguimento de cada xornada durante o 2011, o que supuxo un incremento do 6,24% de seguimento con respecto ao ano anterior.

O gran seguimento desta competición tamén se pode medir polos 1.765.000 persoas que asistiron o ano pasado como público a esta etapa, polos máis de 6 millóns que visitaron a páxina oficial nesa mesma edición e polos seguidores que acumulan nas redes sociais e as 227.500 visualizaciones da Volta que se realizaron na canle oficial de Youtube.

Xa que logo, tanto o seguimento mediático como a retransmisión de imaxes supón unha presenza nos medios que no mercado estaría valorada por encima dos 300.000 euros.

Activación da hostalería e o consumo

"Un dos poucos sectores nos que se prevé crecemento a curto prazo é o do turismo. Por iso a Deputación da Coruña non vai a cejar no seu esforzo por potenciar esa panca da economía nos momentos que estamos vivindo".

A activación da economía na zona pola que pasa A Volta aumenta ademais ao ocorrer o evento nas mesmas rúas da cidade. A organización calcula que o incremento de gasto en consumo dunha xornada co paso dos ciclistas con respecto a unha ordinaria é de 60.000 euros para a cidade.

En total, o retorno medio da sede calculado polos organizadores da volta supera os 560.000 euros.

O percorrido

A Volta Ciclista a España pasará pola provincia da Coruña nas etapas 12 e 13, que terán lugar o día 30 e 31 de agosto. A 12ª xornada percorrerá, a partir do quilómetro 27, toda a costa do Barbanza, a ría de Noia e a zona sur da Costa da Morte. Esta promete ser unha das etapas máis espectaculares da edición porque á dureza de todo o percorrido, de case 185 quilómetros, súmase un final de dificultade extrema, xa que nos últimos dous quilómetros os ciclistas terán que asumir unha costa de 100 metros cun desnivel do 25% ata culminar no miradoiro de Ézaro. Este punto, ademais de ser unha meta inédita na historia da Volta, é considerada unha das "chegadas trampa" da edición, debido ao descoñecemento deste tramo por parte da maior parte dos ciclistas.

Novas relacionadas

Fonte

comentarios