Venres. 26.04.2024
El tiempo

A chuvia anega Muros

A chuvia anega Muros
Inundacion na praza do Concello de Muros Inundación na praza do Concello de Muros

Baixos anegados, estradas cortadas en varios puntos… A mañá foi tremenda por Muros. “Xa pasou o peor”, como nos aseguran dende o GES de Muros, pero aínda teñen choio abondo. Pois caeu moita auga en pouco máis dunha hora entre as 8:00h e as 10:00h da mañá deste martes 14 de febreiro.

Segundo os datos do ranking de 4gotas, a estación de Lira recollía máis de 37 l/m2, sendo o terceiro lugar de Galicia onde máis choveu. Pero para os axentes do GES, “aínda me parece pouco para a que caeu”. Por Fisterra rondaron os 32m/l2, por Vimianzo os 31, e por Mazaricos os 24 m/l2.

De vento tampouco safamos e Fisterra volveu situarse no máis alto do ranking con 93km/h, mentres que en Lira se alcanzaron refachos de 72km/h.

Agora, se ben pasou o máis gordo segundo as previsións, tocan traballos de recuperación da actividade normal. As estradas xa deixaron de estar anegadas, e volven ao seu funcionamento normal, e será un día para achicar os numerosos baixos que quedaron anegados, sobre todo, en Muros. Na zona de Louro, o bombeo non daba abasto e tamén deixaban estampas coma estas. “Aínda nos queda moito choio”, recoñecen no GES muradán.

En todo caso, as previsións deixan claro que vai chover ao longo do día, e da madrugada. Mañá mellora moito a cousa, e será un día sen chuvias e cun gran aumento das temperaturas.

Chuvia anega Muros-Foto-Antonio Trillo A chuvia deixou imaxes impactantes na mañá de Muros-Foto-Antonio Trillo Inundacions en Muros baixos anegados en MUros Baixos anegados en Muros https://www.facebook.com/863838857072496/videos/1088544811268565/  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios