Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Costa da Morte manifestarase o 14 de abril por un Monte Pindo Parque Natural

A Costa da Morte manifestarase o 14 de abril por un Monte Pindo Parque Natural

Xa o avisabamos o pasado venres, O Monte Pindo non será parque natural trala negativa por parte do PP no Parlamento. A Proposición non de lei tratada na Comisión 7ª do Parlamento Galego en favor da protección e dinamización do Olimpo Celta de Otero Pedraio, saldouse con 5 votos a favor de BNG e PSOE fronte aos 7 votos en contra do PP.
E as reaccións por parte dos colectivos sociais e conservacionistas non se fan esperar. O pasado venres, o a Monte Pindo Parque Natural, en colaboración con ADEGA, daban unha rolda de prensa na que ademais de rexeitar a política do PP anunciaron mobilizacións. Unha rolda de prensa secundada ademais polo alcalde carnotán, Moncho Noceda, comprometido coa protección, ata o punto de estar convencido de que "o Parque Natural xeraría novas posibilidades de desenvolvemento na localidade".

Os colectivos sinalan que a causa da negativa do PP pode ser derivada a "criterios económicos, dado que saben perfectamente que a declaración de Parque Natural implica asumir por lei compromisos firmes mediante o establecemento de prazos e dunha partida económica específica que garantan que esta protección sexa útil e efectiva".

Mobilización o 14A

Por todo isto, a Asociación Monte Pindo convoca unha manifestación nacional a prol do Parque Natural do Monte Pindo, que terá lugar o sábado 14 de abril no Pindo (concello de Carnota) e que servirá para demostrarlle á Xunta o multitudinario respaldo con que a iniciativa conta entre a sociedade, os expertos e os axentes sociais.

Novas relacionadas

  • Da perfecta sintonía entre o Río Xallas e o Monte Pindo.
  • II Simposium Monte Pindo: Por que temos que coidar o Monte Pindo?.
  • Un Parque Natural case centenario.
  • Unha poesía inédita de Vicente Risco e Otero Pedraio sobre o Monte Pindo.
  • Que fai unha pedra de “lapislázuli” no Monte Pindo?.
  • Subindo, en bici e en primeira persoa, á Moa.
  • Monte Alto conquista o Monte Pindo.
  • Descobren un terceiro castelo no Monte Pindo formando unha gran fortaleza amurallada.
  • Poemas para o Monte Pindo.
  • Atacan con pintura a excomuñón de Penafiel no corazón do Monte Pindo.
  • Fotodenuncia: Pintadas no Monte Pindo.
  • Recuperando a historia da Ermida do Monte Pindo.
  • A bitácora da semana (CXXXIII): Laberinto Atlántico.
  • III Encontro Monte Pindo: O Monte Pindo disfrutou dun Encontro con historia, música, gastronomía e deporte.
  • Outras novas

    Fonte

    Comentarios