Venres. 19.04.2024
El tiempo

A ESMU de Carnota pecha un curso cargado de novidades

A ESMU de Carnota pecha un curso cargado de novidades
esmu-carnota Uns 140 alumnos e alumnas interpretaron distintas pezas durante o concerto que ofreceron onte no Pindo A Escola Municipal de Música de Carnota vén de poñerlle fin ao curso cargado de novidades como o novo edificio estrenado.  A actuación de onte púxolle fin a un ano cargado de alumnado, cun novo horario de clases e con dous festivais anuais e cun concerto especial por Santa Cecilia. Durante este curso participaron uns 140 alumnos e alumnas  de todas as idades que demostraron o aprendido nun festival que se celebrou onte no Pindo e ao que asistiron unha gran cantidade de veciños e veciñas demostrando unha vez máis que ésta é unha das citas ineludibles do ano ainda que coincida con outros eventos deportivos como o encontro da selección española de fútbol durante o Mundial de Rusia. esmu Unhas 200 persoas asistiron ao concerto da ESMU de Carnota a pesar de coincidir en horario cun importante evento deportivo nacional Ainda que as clases xa remataron, durante estes días os proferores da escola estarán en horario de 17:00 1 20:00 horas no centro para entregar as notas que puideran quedar sen entregar, para atender algún alumno/a (ou futuro) que queira probar algún instrumento novo, e para resolver dúbidas e escoitar propostas cara o vindeiro curso. Inscricións Durante a primeria quincena de setembro, o concello de Carnota abrirá o prazo de inscricións para o seguinte curso 2018-2019.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios