Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Gala dos Premios Nordés cumpliron a súa maioría de idade

A Gala dos Premios Nordés cumpliron a súa maioría de idade
Foto de familia da Gala dos Premios Nordes Foto de familia da Gala dos Premios Nordes

18 anos xa leva a Radio Nordés-Cadena Ser en antena, e cada ano celébrao coa súa Gala dos Premios Nordés. Esta foi a XVIII edición desta singular cita que serve para unificar a bisbarra e premiar a labor daquelas persoas ou entidades que loitan por facer da Costa da Morte un lugar de referencia. Este pasado venres, a Casa da Cultural de Vimianzo acollía a cita, dirixida por Andrea Rodríguez e José Manuel Mira e coa actuación musical de Bieito Romero de Luar na Lubre e amigos, destacando a colaboración da cantante vimiancesa Irma Macías.

Non faltou humor da man da sempre simpática Anjustias de Lires, pero o verdadeiro protagonismo o levaron a media ducia de premiados.

Josiño Mira e a Anjustias na Gala dos Premios Nordes 2017-Foto-Rafa QUintans Josiño Mira e a Anjustias na Gala dos Premios Nordes 2017-Foto-Rafa Quintans Pepe do Fieiro Premio Nordes 2017 Pepe do Fieiro, o gran protagonista da noite co Premio Nordes 2017-Foto-Rafa Quintáns

Sobre todo o gran Pepe do Fieiro, quen este ano foi galardoado co Premio Nordés pola súa dedicación e posta en valor do Monte Pindo e do seu patrimonio inmaterial. Pepe lanzouse mesmo cun poema, e ofreceuse para facer unha visita guiada polo Monte Pindo a tódolos asistentes á gala.

Os trasnos do Camino dos Faros Premio Nordes a Divulgacion 2017-Foto-Rafa Quintans As trasnas do Camiño dos Faros recibiron Premio Nordés á Divulgación 2017-Foto-Rafa Quintans

Antes ca el, os trasn@s da Asociación Camiño dos Faros foron os primeiros en subir ao escenario para recoller o Premio Nordés da Divulgación por ensinar ao mundo enteiro a beleza da nosa costa.

O Premio Nordés da Audiencia recaeu en Jorge Parri. O divulgador deportivo fotógrafo, foi escollido, este ano si tras quedar varios anos ás portas nas votacións populares, polos oíntes da emisora.

O Nordés Social correspondeulle á festa do Asalto ao Castelo, os representantes das asociacións Cherinkas e Axvalso recollérono agradecendo colaboración de tódolos veciños de Vimianzo.

O Nordés do Deporte neta ocasión foi para unha afección a Asociación Rapacollóns Big Band o seu presidente “Bebeto” fixo fincapé na importancia social que ten o fútbol afeccionado na nosa comarca.

O seguinte premio o Nordés das Ciencias recaeu no Doutor ceense de prestixio internacional Francisco Blanco, emocionado destacou a importancia de ser recoñecido na súa terra.

Jorge Parri Premio Nordes da Audiencia 2017-Foto-Rafa Quintans Jorge Parri foi escollido polos oíntes co Premio Nordés da Audiencia 2017-Foto-Rafa Quintans Axvalso e Cherinkas Premio Nordes Social 2017-Foto-Rafa Quintans Axvalso e Cherinkas recibiron o Premio Nordés Social 2017-Foto-Rafa Quintans Rapacollons Big Band Premio Nordes ao Deporte-Foto-Rafa Quintans Os membros da Rapacollons Big Band, Premio Nordés ao Deporte-Foto-Rafa Quintans

A emisora costeira agradece a colaboración de Productos Cárnicos Domínguez, Industrias Cerdeimar, Ferroatlántica, Feiraco, Construcións e excavacións Germán Mouzo, Imprenta e Publicidade San Cristobal e o Concello de Vimianzo.

Julio Lopez de Bazarra entregou un dos premios Julio Lopez de Bazarra entregou un dos premios  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios