Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A gastronomía, o teatro e música volven a Lira co Festórreo

A gastronomía, o teatro e música volven a Lira co Festórreo
A "Eira da Cabaseira" (ó carón do hórreo de Lira) xa está preparada para acoller este sábado unha nova edición do Festórreo; unha cita con personalidade propia promovida pola A.C. Canle. Un ano máis os principais ingredintes serán as empanadas de millo, o teatro popular e a música ó vivo. A cita comeza ás 21:00 horas coa degustación das 200 empanadas. Para elaboralas, un equipo voluntario capitaneado por mulleres lirachas traballa arreo todo o víspera mesturando a masa de millo con produtos do mar de Lira. Durante a degustación tocarán e bailarán @s 25 integrantes de Pandeireteiras sen Fronteiros. Ás 23:00 horas chegará o prato forte da festa: Canle Nius, producido por A.C. Canle e dirixido por Miguel de Lira. Baixo o formato dun informativo (de aí o nome Canle Nius) agóchase un espectáculo teatral que bebe da actualidade local e, este ano, da parodia dun popular programa de televisión. O que fai especial a Canle Nius é que o elenco constituído por máis de 20 veciños e veciñas de diferentes idades que só actúan unha vez ó ano. E a continuación, entrada xa a media noite, comezarán os concertos nos que actuarán tres banda: Radio Cos, Banda Xangai e 7 Setenta. O Festórreo, máis que unha festa, é xa un modelo cultural popular do que a veciñanza se sinte moi orgullosa e que goza do favor do público, local e visitante, que nos últimos anos acode fiel á cita. O cartel, outro dos sinais de identidade do evento, foi diseñado pola artista Susana Diz.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios