Xoves. 14.11.2019
El tiempo

A Reserva Mariña expande as súas redes en conferencias e en Festivais de Cine

A Reserva Mariña expande as súas redes en conferencias e en Festivais de Cine

Esta semana, a incidencia da Reserva Mariña dos Miñarzos continúa expandíndose. E o fai nunha doble vía: a través dunha conferencia sobre "Areas Mariñas Protexidas" no País Vasco; e a través dun Festival de Cine por medio da documental producida por Saga TV.

Conferencia no País Vasco

Este mércores 22 de xuño, o Secretario da Confraría de Lira, Emilio Louro "Milucho", foi invitado a participar como ponente nun Curso de Verán en San Sesbastián sobre Areas Mariñas Protexidas para contar a experiencia da Reserva mariña de Interese Pesqueiro de Os Miñarzos.
Milucho exporá unha charla baixo o título “Participación y experiencia de la Cofradia Mar de Lira-Carmota en la Reserva Pesquera de Os Miñarzos”.

E non será a única participación que nos atinxa. Outro coñecido da nosa bisbarra, o noiés Antonio García Allut, un dos membros da Fundación Lonxanet e integrante do Convivium da Slow Food Galicia que preside o muxián Jesús Trillo, tamén explicará a súa experiencia con Lonxanet, un intento de comercializar peixe por internet.

Lira noutra documental

Non para de percorrer mundo. A documental de SAGA TV sobre a Reserva dos Miñarzos "Lira, un mar de vida na Costa da Morte" continúa de festival en festival. Xa o vimos pasar por Francia e por Washintong e hoxe damos conta da súa proxección noutro Festival de Cine Medioambiental.
Trátase do Green Unplugged Film Festival.

Trailer da Documental "Lira, Reserva de Vida na Costa da Morte"

Documental "Lira, Reserva de Vida na Costa da Morte"

Novas relacionadas

  • 4 apostas audiovisuais da Costa da Morte optan aos Premios Mestre Mateo.
  • A Reserva Mariña de Lira protagonista en toda suramérica.
  • Máis novas

  • Lira, protagonista do Escaravajo verde da TVE.
  • Fonte

    Comentarios