Mércores. 21.08.2019
El tiempo

A Torre dos Mouros, un novo tesouro arqueolóxico para catalogar en Carnota

A Torre dos Mouros, un novo tesouro arqueolóxico para catalogar en Carnota

Seguimos descubrindo a historia da nosa zona gracias a divulgadores da arqueoloxía como Manuel Gago. Xa nos ten falado do Gran Castelo "Monte Pindo" ou de Castromiñán, e hoxe volvemos cara Carnota para coñecer a Torre dos Mouros, máis comunmente chamada Monte do Castro, situada na parroquia de Lira, en Carnota. Non perdades a súa completa descrición no seu medio Capítulo 0

Gago destaca que falamos dun dos recintos arqueolóxicos máis grandes de todo este litoral abrupto da Costa da Morte. Fala dunha espectacular fortificación de máis de dúas hectáreas aínda sen figurar no Inventario do Patrimonio Arqueolóxico de Galicia, pero confía en que en breve sexa catalogada.

Gago rubiu os montes lirachos da Garganta Grande, acompañado polo carnotán Jordi Tato emais Luís Cordeiro, arqueólogo mariñao que está a elaborar o catálogo de bens patrimoniais do novo PXOM de Carnota. E o fixeron para descubrir que era o que aló había: un castro?, un forte?

Coa axuda do Cordeiro do vello libro "Geografía General del Reino de Galicia", de Carré Aldao e coa copia dixital do voo que o exército americano dos anos 1956-57, deducen que non se trata dun castro. Os "murallóns" convírtense nun desafío e tras percorrelos destacan que se trata dun enorme recinto fortificado.

Aínda hai moitas preguntas abertas por suposto, como a época da fortificación, pero o importante é que este achádego, promocionado dende a Asociación Monte Pindo Parque Natural (tralo seu berro pola protección) e polo divulgador cultural Manuel Gago, poderá pasar ao catálogo carnotán e galego. E agardemos que ademais sirva para a súa divulgación e protección.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios