Mércores. 13.11.2019
El tiempo

A #TorredosMouros cambia a forma de facer arqueoloxía

A #TorredosMouros cambia a forma de facer arqueoloxía

As novas formas da arqueoloxía teñen cambiado, como explica Xosé Gago. E a Costa da Morte está vivindo a transición en primeira persoa. A crise está facendo que a arqueoloxía volva ás mans dos arqueólogos e que os políticos queden á marxe. Non é que cambiar traballo por voluntariado sexa algo que todos desexásemos, pero a nova xeira de arqueólogos do país teñen moito máis que contar do que poderían facer se só dependen dos gobernos de turno.

E aí están, cada fin de semana no alto do Monte do Castro, en Lira, Carnota, destapando un lugar que pode cambiar a historia de agora. Polo de agora todo son misterios arredor da Torre dos Mouros, pero xa houbo os primeiros achádegos...

1º día de Traballo

De traballo, puramente arqueólogo, pois durante os dous pasados meses un grupo de veciños, e mesmo o alcalde Ramón Noceda, estiveron limpando e desbrozando a zona para que os traballos arqueolóxicos fosen máis doados.

E alí apareceron, un grupazo de profesionais voluntarios, o pasado sábado 7 de xullo na Torre dos Mouros. Antón Malde resume a actividade do sábado, no que xa excavaron e descrubiron os trazos de muros e outras claves sobre o amurallamento. Pero ademais, xa descubriron varios edificios durante os traballos:

A arqueoloxía ata nos bares

Este mes de xullo a arqueoloxía está invadindo en Carnota. Xa empezaron as Barferencia arqueolóxicas o pasado venres con Xurxo Ayán, que nos explicaba que 400 anos antes da chegada dos romanos a tecnoloxía castrexa xa era moi avanzada.

O sábado, 14 de xullo, ás 20.30 horas, o Bar do Rúa (Carnota) acolle unha cita co arqueólogo Antonio de la Peña e o canteiro José Cernadas fálannos dos petróglifos de Galicia e Carnota.

Un descubrimento retransmitido en directo

E sorprendente o movemento na rede arredor do Proxecto. As redes sociais do mesmo (Facebook: Proxecto Torre dos Mouros e Twitter @TorredosMouros) e a través do hastag #torredosmouros poderedes seguir todas as novidades, en tempo real, do que este tremendo equipo de voluntarios está a facer no cumio do Monte do Castro.

Tomando nota

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas arqueolóxicas

Fonte

Comentarios