Venres. 19.04.2024
El tiempo

A xunta e o concello reúnense para reactivar a tramitación do PXOM de Carnota

A xunta e o concello reúnense para reactivar a tramitación do PXOM de Carnota
pxom-carnota-xunta Representantes do concello de Carnota mantiveron unha reunión coa directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo O alcalde de Carnota - Ramón Noceda - mantivo onte unha reunión en Santiago de Compostela coa directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo - Encarnación Rivas Díaz - co fin de reiniciar a tramitación da redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal, dado que a aprobación inicial do PXOM non se produciu antes da entrada en vigor da nova Lei 2/2016, do solo de Galicia. Rivas Díaz trasladoulle a colaboración do seu departamento para que este concello retome e reactive a tramitación do Plan Xeral canto antes. O concello de Carnota contratou en marzo de 2010 a redacción dun novo PXOM, que substituirá ás Normas Subsidiarias de Planeamento Municipal vixentes dende xuño de 1996, que tiveron catro modificacións puntuais. En agosto de 2014, emitírase o informe previo á aprobación inicial do PXOM, pero non chegou a ser sometido á aprobación inicial do pleno do concello. Rivas Díaz recordou que o apoio da Xunta se completa coa achega concedida para a redacción do PXOM de preto de 125.000 euros, téndose xa aboado ao concello dúas fases por un importe de 48.000 euros. Por último, sinalou que o PXOM é o documento que debe recoller o modelo de ordenación que planificará o desenvolvemento de Carnota, polo que lle ofreceu todo ao apoio técnico para que, tanto os técnicos municipais como o equipo redactor, os avances neste documento sexan os correctos e o concello de Carnota se sume ao listado de municipios que xa teñen un planeamento en vigor e con seguridade legal. Fonte

Comentarios