Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Xunta segue retrasando, mes a mes, a entrega da obra de saneamento do Pindo

A Xunta segue retrasando, mes a mes, a entrega da obra de saneamento do Pindo
Asi esta o colector do Pindo que verte directamente ao mar Asi esta o colector do Pindo que verte directamente ao mar

E seguen a esperar no Pindo pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, e por Augas de Galicia. Dende as mobilizacións veciñais do pasadosetembro, a Xunta vén retrasando, mes a mes, a entrega a obra dunha fundamental obra de saneamento entre Dumbría e Carnota. O novo colector que conecta a rede dende o Ézaro ata a estación depuradora de Carnota é a peza chave para acabar cos problemas das verteduras no centro da vila do Pindo. Pero primeiro Augas ía recoller a obra en outubro, despois en novembro, despois en xaneiro, e agora xa estamos a finais de marzo, segundo nos conta o alcalde, Moncho Noceda, trala última conversa coa Consellería (nós levamos máis dunha semana esperando pola resposta de Augas…)

Eterno cabreo veciñal

Vecinos cabreads esixen o saneamento do Pindo xa

O problema segue medrando. Cando chegan un par de días bos, os veciños xa poden volver a cheirar ese fedor tan característico da falta de saneamento, e lles fan pensar na posibilidade doutro verán pasado pola “merda”.

Uns veciños que xa están fartos. “Augas de Galicia non nos fai nin caso, a denuncia do Seprona no xulgado de Muros, parece que quedou apartada noun caixón, a Conselleria, tres cuartos do mismo, o señor Alcalde ni me colle o teléfono”…

Ademais do colector principal, o Concello está realizando a conta do POS 2017 no POS 2017 unha rúa que vai por detrás por porto, e ten pensado licitar en breve outra do POS 2018, que si que está directamente implicada nesta batalla: o saneamento da parte dereita da praza da Solaina para conectar todas as casas. So 90.000€ de investimento per aínda non está en marcha.

Pancartas dos vecinos do Pindo contra a Xunta Pancartas dos veciños do Pindo contra a Xunta

Pregunta socialista no Parlamento

“Vai chegar o verán e aquí non ven ninguén, e isto é un tema de sanidade pública e pode que declaren a praia non apta para o baño, como demostran as analíticas presentadas na denuncia feita no Xulgado de Corcubión e aí si sería outro pau para o sector hostaleiro”, explica o voceiro do PSdG carnotán Suso Campos. A deputada Loli Toja ten previsto achegarse esta semana polo Pindo para presentar unha pregunta de cara ao Parlamento Galego.

Novas relacionadas

Outras novas

Fonte

Comentarios