Sábado. 11.07.2020
El tiempo

Aberto o prazo para a Escola de Música Municipal de Carnota e para actividades invernais

Aberto o prazo para a Escola de Música Municipal de Carnota e para actividades invernais

O Concello de Carnota abre o prazo de inscrición para todas as actividades de inverno, incluida unha das súas estrellas, a Escola de Música Municipal, que por certo, este ano cambia de ubicación sendo o novo local en Lamas de Castelo. Precisamente, quen se queira apuntar á ESMU terá cumprimentar unha ficha de inscrición e entregala no Rexistro Xeral do Concello de Carnota, antes do 15 de setembro.

Esta ficha pódese recoller na oficina de cultura e deportes, ou ben na web do propio Concello www.concellodecarnota.com, onde ademais está plasmada toda a información dos mestres, dos horarios das clases colectivas e dos prezos, que sufrirán unha modificación neste ano.

Máis actividades

  • Informática: Cursos de "Iniciación á informática, internet e mecanografía" e "Informática nivel medio: internet e mecanografía". O prazo de inscrición remata o 30 de setembro.
  • Escolas Deportivas: Psicomotricidade, patinaxe, deportes de raqueta, taekwondo, deportes de equipo, fútbol sala e fútbol 11 e ximnasia de mantemento. O prazo de inscrición remata o 16 de setembro.

Inscrición

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Carnota.

comentarios