Martes. 23.04.2024
El tiempo

Alumnos de Galicia e do Bierzo coñecen as marabillas de Carnota

Alumnos de Galicia e do Bierzo coñecen as marabillas de Carnota

Doble visita a que vivíu esta fin de semana o Concello de Carnta (ademais do Trial Concello de Carnota que coñeceremos mañá).

De Brión ao Pindo

O xoves 28 de abril viñeron a Carnota 40 rapaces acompañados de 3 profesoras do IES de Brión, para facer unha subida ao monte Pindo. Comezaron o camiño ás 10:30 h dende Caldebarcos e regresamos ás 17:30 h. Os nenos quedaron encantados co camiño e, sobre todo, coas magníficas vistas.

Do Bierzo a Carnota

O mércores 27 de abril chegaron a Carnota tres autobuses con 150 rapaces do Bierzo, acompañados dos seus profesores de galego. Procedían de varios colexios e decidiron visitar o noso concello para perfeccionar o seu galego á parte de gozar das marabillas da nosa terra. Tanto os nenos coma os profesores quedaron encantados con Carnota.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Carnota.

Comentarios