Xoves. 06.08.2020
El tiempo

As novas mulleres de Fisterra e Lira viviron a súa homenaxe

As novas mulleres de Fisterra e Lira viviron a súa homenaxe

A Asemblea de Mulleres de Galiza Nova da Costa da Morte desenvolveu dúas citas esta fin de semana. Ambas cun denomiador común: a muller traballadora. As vilas de Fisterra e Lira, acollerion sendos actos.

En Fisterra

O pasado venres, no restaurante Fin do Camiño, en Fisterra, tivo lugar homenaxe de GZNova á muller traballadora no seu día. A cita tamén denunciou todas e cada unha das situacións que seguen a discriminar ao xénero feminino no eido laboral da Costa da Morte e tamén de Galiza.

A protagonista da sesión foi Zaira Trillo, moza e nai da localidade e nova responsable de mulleres da organización xuvenil na comarca. Tamén participou a vicerresponsable comarcal Antía Insua, que presentou a recén constituida Asemblea feminina.

Malia que estaba proxectada a emisión do filme galego "Sempre Xonxa", esta emisión aprazouse por cuestións de tempo e foi Mario Maceiras, responsable comarcal, quen tomou a palabra para lembrar que as mozas da Costa da Morte sufren unha triple discriminación, polo feito de ser mozas, mulleres e habitantes dunha comarca históricamente deprimida. Tras o debido repaso ás dificultades das mulleres para atopar unha saída laboral digna e acaída ao seu nivel formativo, o que as levan en último caso a emigrar e deu comezo unha amena mesa redonda onde participou a veciñanza que asistiu ao acto.

De seguido o candidato do BNG fisterrán e tamén membro do Batallón Literario Costa da Morte, Modesto Fraga agradeceu a Galiza Nova que se acordaran das mulleres de Fisterra, e que grazas ao nacionalismo existen actos desta índole. o propio Modesto pechou o acto cun recital poético dedicado á muller, da súa propia colleita.

Carnota falou das mariscadoras

O sábado foi o turno da homenaxe de Galiza Nova ás mulleres traballadoras do concello de Carnota, nun acto celebrado no bar Pedra Pas de Lira que se quedou pequeno para acoller a toda a asistencia, a organización xuvenil desenvolviu unha amena charla que se centrou especialmente nos problemas das mulleres mariscadoras.

Presentou o acto a responsábel local do BNG, Belén Campos que agradeceu a Galiza Nova a súa labor para dar a coñecer os problemas das mulleres e lamentou que a Xunta impedira que este acto se desenvolvera nun local público, como viña sendo ata o de agora, con todo tipo de actos sociais e culturais.

Abriu a charla a concelleira do BNG, Merche Díaz que fixo un amplo repaso ás posibilidades de axudar a colectivos como o da muller desde as institucións públicas e expuxo o traballo que se viña facendo desde as súas áreas de goberno no anterior executivo municipal, traballo que foi suprimido, sen máis, polo actual goberno do PP de Carnota, desaparecendo incluso a Concellería de Muller.

A continuación tomou a palabra Aurora Prieto, en nome das mariscadoras de Lira, que detallou extendidamente a súa experiencia tanto no mundo laboral como a súa iniciativa a frente dunha cooperativa de escachado de ourizo, que lamentablemente cesou a súa actividade por mor da falta de apoio institucional e pola competencia desleal do furtivismo. Aurora agradeceu sen embargo, o importante apoio recibido do anterior goberno municipal, nomeadamente pola iniciativa de persoas coma Merche Díaz, que posibilitaron que mulleres como Aurora poidan aspirar a unha xubilación digna, cousa que hai anos parecía imposíbel. Tras un debate subscitado polas preguntas á mariscadora.

Pechou o acto a responsábel de mulleres, Zaira Trillo, agradecendo a asistencia, animando ás mulleres a tomar consciencia de que temos problemas, pero tamén ferramentas para resolvelos, como pode ser Galiza Nova e o BNG. Así mesmo,tras ler o comunicado nacional da Asemblea de Mulleres, polo día da muller traballadora, chamou a secundar a mobilización do 13 de marzo.

  • A Muller toma o mando na Costa.
  • As poesías falan en clave de Muller en Cee.
  • A fisterrá Celia Rivas protagoniza o marzal da Galería Mulleres de Muxía.
  • Fonte

    • Nota de prensa de Antía Insua Lema, Vicerresponsable Comarcal de Galiza Nova Costa da Morte.

    comentarios