Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Asaghieiras Master Festival, a resurrección dunha cita idílica da Axenda Sonora da Costa da Morte

Asaghieiras Master Festival, a resurrección dunha cita idílica da Axenda Sonora da Costa da Morte
Asaghieiras Master Festival 2018 Despois de 5 anos de silencio, Lariño volverá vibrar co Asaghieiras Master Festival. A brava xente do panorama cañero carnotán ponse en marcha para celebrar este 22 de setembro o décimo aniversario. Unha fermosa oferta de música de balde nun entorno idílico como é o Faro de Lariño. Os amantes da música compartirán escena coa Rubitiña, a única que sube a banda polo campo de Portocubelo. O cartel, deseñado por Miguel Duarte lembra que haberá sesión vermú, churrascada e mexilloada para comer, circo pola tarde, e zona de acampada nun entorno marabilloso. O festival trae nomes singulares como Las Tipex, que achegarán candela transfresora dende Iruña, o metal rural dende Casalonga de Desqilibrio Mental. A cita será ademais un gran tributo ás bandas da casa, como os Evil Bastar, a banda máis potente da factoría Nasmo; Monopoulos Dop, enerxía dende Noia; ; os carnotáns de Almánimal que tocarán na casa; os vimiancéses Bastardos de Rivera; e os muradáns máis internacionais de toda a Costa da Morte, os Terbutalina.   Xa telen as camisolas deste 10º aniversario por varias tabernas da zona, un tributo a todas as bandas que pasaron polo festival.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/xa-so-a-rubitina-se-desmarca-pola-banda-de-portocubelo/ https://quepasanacosta.gal/o-asaghieiras-master-festival-enchera-larino-de-musicas/ https://quepasanacosta.gal/almanimal-lanza-a-sua-primeira-maqueta-para-arrasar-no-veran/

Comentarios