Venres. 19.04.2024
El tiempo

Asociacións de Carnota apoiaron a candidatura do Parque Natural Monte Pindo

Asociacións de Carnota apoiaron a candidatura do Parque Natural Monte Pindo
Este pasado sábadp 18 de setembro de 2010 tiña lugar no Colexio San VIcenzo do Pindo unha charla informativa e aberta sobre a proposta da creación do Parque Natural Monte Pindo. Esta primeira charla viña organizada pola entidade Galiza Nova - Carnota, á cal acodiron más de medio centenar de veciños. O máis destacado da sesión foi o apoio que queixeron prestar varias entidades da zona, das que cómpre destacar a ACDR Pedramar do Pindo, a Confraría de Pescadores do Pindo, a Comunidade de Montes de Caldebarcos, a AC Canle de Lira, a Cooperativa Rainha Lupa de Quilmas, a AAVV Xurde Caldebarcos, a Mancomunidade de Montes de Lira, a Plataforma pola defensa de Quilmas, a Plataforma pola defensa do Río Xallas... Os propios autores da proposta, Martiño Fiz e Fins Eirexas, da entidade ADEGA, foron os encargados de explicar, punto por punto, a iniciativa aos veciños. Veciños de Carnota pero tamén doutros concellos que non só se achegaron para escoitar se nón que alzaron a man no turno de preguntas e o debate foi ben interesante.

Unha proposta dende Carnota

Abriu a charla Mario Maceiras, responsable comarcal de Galiza Nova, que tras agradecer a importante asistencia ao acto desmentiu rotundamente que a proposta non proceda da veciñanza, como se vén insistindo desde o Concello, pois xurdiu dunha dilatada serie de conversas de veciños pertencentes a diversos colectivos con membros de ADEGA. Asi mesmo, lamentou que o alcalde de Carnota non deixara claro o seu apoio ao parque natural, sementando así dúbidas sobre un proxecto que só pode achegar beneficios non só a Carnota senón a toda a Costa da Morte, ante o seu actual estado de abandono. A continuación enumerou as actividades que Galiza Nova vai desenvolver en breve para seguir divulgando e reivindicando a iniciativa, e anunciou que o BNG vai trasladala ao Parlamento Galego. De seguido tomou a palabra Martiño-Fiz López Lindoso, relator da proposta, biólogo e representante de ADEGA no Observatorio Galego da Biodiversidade, que expuxo detalladamente os aspectos técnicos que xustifican a declaración, e tamén as innumerables vantaxes que suporía a nivel ambiental e socio-económico para Carnota e o seu entorno. O propio Eirexas descubriulle aos veciños do Pindo a presenza do gato montés no Monte Pindo. Unha existencia que tan só coñecía un veciños, que o vira nunha ocasión, atropelado. Eirexas tamén relatou experiencias similares en Galiza e tamén no estado español, para rematar salientando que "é necesario o consenso de todos, veciños e axentes implicados, para lograr que a Xunta tome a determinación de iniciar os trámites que rematen convertindo o Monte Pindo no séptimo parque natural galego".

"Debate estusiasta"

Segundo os organizadores a cantidade de preguntas de intervencións só corrobora "que a resposta veciñal ante o proxecto só se pode calificar de entusiasta".

Máis información

Novas relacionadas

Novas informativas

Fonte

  • Nota de prensa de Galiza Nova - Costa da Morte

Comentarios